Cargando resultados...
50 anos da Revolución dos Caraveis, unha paz que se segue cantando
50 anos da Revolución dos Caraveis, unha paz que se segue cantando
De Lisboa a Compostela, o Grândola, Vila Morena e a flor celebraron o medio século da chegada da democracia a Portugal
G24.gal
27/04/2024 15:30
Última actualización 26/04/2024 19:10
A Revolución dos Caraveis acaba de facer 50 anos. Aquel 25 de abril de 1974 o exército e o pobo de Portugal saíron á rúa para lle poñer fin a unha ditadura que xa duraba máis de 40 anos. Foi unha revolución pacífica que nos deixou uns símbolos tan poderosos que hoxe, medio século despois, continúan emocionando.