Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira do Emprego reúne en Ourense 400 estudantes e 50 empresas

A Feira do Emprego reúne en Ourense 400 estudantes e 50 empresas

Os universitarios buscan oportunidades laborais e as entidades, públicas e privadas, buscan talento

 

G24.gal 18/04/2024 19:56 Última actualización 18/04/2024 20:20

Dende o exército de terra e a armada ata as industrias punteiras en novas tecnoloxías ou entidades financeiras e de asesoramento. Todo tipo de empresas e organismos e administracións públicas acudiron á feira do emprego en Ourense na procura dos estudantes máis talentosos para incorporalos ás súas organizacións.

Os estudantes buscan entidades tanto nas que facer as súas prácticas como nas que empezar a súa andaina no mundo laboral. A vantaxe é que a maioría de ofertantes precisan diferentes titulacións e perfís para incorporar aos seus cadros de persoal. Por iso, a maioría dos mozos escoitan diferentes ofertas e deixan o seu currículo dixital.

Esta segunda edición consolida un modelo de intercambio que abrangue todas as titulacións e non só as especialidades. En total, a feira reuniu 400 estudantes e 50 organizacións, tanto públicas como privadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos