Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden anuncia que se vai unir aos piquetes do sector automobilístico en folga

Biden anuncia que se vai unir aos piquetes do sector automobilístico en folga

Irá o martes a Míchigan para amosar a súa solidariedade co sindicato UAW

Piquete na contorna dunha fábrica de Stellantis Piquete na contorna dunha fábrica de Stellantis
G24.gal 23/09/2023 08:53

O presidente dos EUA, Joe Biden, anunciou que o vindeiro martes irá a Míchigan para sumarse aos piquetes do sector de automóbil que desde hai unha semana están en folga reclamando unhas  condicións laborais mellores.

"O martes irei a Míchigan para sumarme aos piquetes e mostrar a miña solidariedade cos homes e mulleres do sindicato UAW na súa loita por unha parte xusta do valor que axudaron a crear", indicou o mandatario en X (anteriormente Twitter).

Segundo engadiu nesa rede social, é hora de que ambas as dúas partes cheguen a un acordo mutuamente beneficioso que manteña "florecente" o sector estadounidense da automoción con traballos ben pagados.

O United Auto Workers (UAW) demanda aumentos salariais dun 40 % distribuídos nos vindeiros catro anos, a eliminación das diferenzas salariais entre persoal de plantas das mesmas empresas, máis garantías de seguridade laboral e recuperar as axudas que tiveron ata 2009 para compensar o aumento do custo da vida.

O sindicato declarou o 15 de setembro a folga en tres plantas de montaxe de General Motors (GM), Ford e Stellantis ao non conseguir un acordo para a sinatura dun novo convenio colectivo con esas tres empresas para esa data.

Este venres, ampliou o paro a 38 centros de traballo de GM e Stellantis, ao considerar que non está a haber avances na negociación con ambos os dous fabricantes. Porén, excluíu desa ampliación a Ford ao estimar que está a "tomar en serio" a consecución dun acordo.

Visita de Biden

A visita de Biden producirase na véspera de que Donald Trump (2017-2021), segundo filtraron os medios, vaia a Míchigan para falar ante sindicalistas.

O exmandatario republicano saltará con esa intervención o debate que o seu partido organizou ese día nos Ánxeles con candidatos conservadores ao nomeamento republicano para as presidenciais de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar