Publicador de contidos

Publicador de contidos

Innovación e talento, apostas empresariais no encontro Inspiro en Expourense

Innovación e talento, apostas empresariais no encontro Inspiro en Expourense

A feira transmite a estudantes e empresarios a importancia de innovar para ter éxito

G24.gal 18/04/2024 14:00

Que unha empresa teña éxito depende moito das habilidades que teñan os seus comerciais para vender. Métodos efectivos que aprenden hoxe empresarios e estudantes no encontro Insipiro, que se celebra en Expourense.

Para colocar un proxecto ou un produto importan as emocións que se transmiten, a linguaxe e as ferramentas. Un consultor de pemes explica que un dos segredos é "empregar métodos sinxelos e prácticos".

Así, segundo estes profesionais, é máis doado que che compren calquera cousa. Estas e outras técnicas apréndenas hoxe en Expourense, no encontro Inspiro. Ata como obter mellores resultados traballando menos. O soño de calquera.

En Inspiro queren transmitir a estudantes e empresarios a importancia de innovar para ter éxito.

O programa conta tamén cun concurso de proxectos emprendedores de estudantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar