Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece José Ricardo Fernández, un home de fútbol moi vinculado ao Celta e ao Ourense

Falece José Ricardo Fernández, un home de fútbol moi vinculado ao Celta e ao Ourense

Coincidiu co inesquecible Luis Soria e co gato Miguel Ángel naquela A. D. Couto que deu paso despois ao Atlético Ourense

G24.gal 23/04/2024 16:53 Última actualización 23/04/2024 17:01

Faleceu José Ricardo Fernández, delegado do Celta desde 2005 a 2011. Tiña 65 anos. José Ricardo era unha referencia do fútbol galego, particularmente na provincia de Ourense.

Adestrador e xerente do C. D. Ourense máis de25 anos, xerente tamén do Xerez, moi vinculado a diferentes etapas federativas a nivel nacional.

Coincidiu co inesquecible Luis Soria e co gato Miguel Ángel naquela AD Couto que deu paso despois ao Atlético Ourense, onde brillou como adestrador dos xuvenís.

En momentos difíciles para a entidade ourensanista, cun simulacro de desaparición que salvou unha xestora, José Ricardo fíxose cargo da reconstrución deportiva do equipo desde o seu banco.

Foi un dos moitos seguidores que mesmo brindou o seu apoio á reconstrución do sentimento ourensanista, brindándose a axudar no posible a unha UDE Ourense que apoiou cando puido, cos seus numerosos contactos no mundo do fútbol.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade