Máis terras para produción ecolóxica na comarca da Limia
Máis terras para produción ecolóxica na comarca da Limia
As mulleres e os mozos terán preferencia de acceso
Son 49 hectáreas cedidas pola Deputación de Ourense
Colleitas tradicionais na Limia como pataca ou trigo, forraxes coma o millo ou mesmo pastos. É o que se vai poder sementar nas 49 hectáreas da zona de Antela, na comarca da Limia, logo do convenio entre o Grupo de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Ourense, que cede os terreos. En principio, todas as producións dos lotes deberán ser ecolóxicas.
Ademais, terán preferencia de acceso os mozos que se incorporen á actividade agraria e as mulleres. O prezo que terán que pagar é de 300 euros anuais por hectárea, certamente accesible tendo en conta a fertilidade dos terreos.
Outro criterio de acceso é o de ser residente nalgún dos 25 concellos que abrangue o Grupo de Desenvolvemento Rural.