Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BBVA propón unha fusión por absorción co Banco Sabadell

O BBVA propón unha fusión por absorción co Banco Sabadell

A operación contempla o troco de 1 acción de BBVA por cada 4,83 títulos do Banco Sabadell

A entidade resultante tería unha das súas sedes operativas en Cataluña e a denominación social e a marca serían as de BBVA

O Goberno vixiará que a operación BBVA-Sabadell respecte o principio de competencia

 

G24.gal 01/05/2024 12:26 Última actualización 01/05/2024 15:12

O BBVA propón unha fusión por absorción de Banco Sabadell cun troco de 1 acción de nova emisión de BBVA por cada 4,83 accións de Banco Sabadell, asumindo que non se realizarían reparticións de dividendos, reservas ou calquera outras distribucións por parte de ningunha das sociedades aos seus respectivos accionistas.

O BBVA comunicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) a carta enviada ao consello de administración do Sabadell na que recolle a proposta da potencial operación de fusión entre ambas as entidades.

Na misiva detállase que BBVA atendería o troco das accións de Banco Sabadell mediante emisión de novas accións ordinarias cuxa subscrición estará reservada aos titulares de accións de Banco Sabadell e sobre as que se solicitaría a súa admisión a cotización no Mercado Continuo español e nos restantes mercados nos que cotizan as súas accións.

Ademais concrétase que se propoñería a incorporación como conselleiros non executivos ao Consello de Administración de BBVA, ao tempo de materializarse a fusión, de tres membros do actual Consello de Administración de Banco Sabadell, elixidos de común acordo entre ambas as partes. Un destes conselleiros sería proposto como un dos vicepresidentes do Consello de Administración de BBVA.

Unha sede en Cataluña e marca BBVA

A entidade resultante da fusión tería unha das súas sedes operativas do Grupo en Cataluña, que se establecería no centro corporativo de Banco Sabadell en Sant Cugat.

A denominación social e marca serían as de BBVA, aínda que se podería manter a utilización da marca Banco Sabadell, de maneira conxunta coa marca BBVA, naquelas rexións ou negocios nas que poida ter un interese comercial relevante, segundo se detalla na carta.

A fusión quedaría suxeita á obtención das correspondentes autorizacións ou declaracións de non oposición pertinentes dos supervisores competentes (en particular, a autorización da persoa titular do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa) e das autoridades de defensa da competencia con xurisdición (en particular, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade