Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia

Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia

O venres chegou aos 34,5 graos, o récord nun mes de abril dende que hai rexistros

A partir do luns baixan as temperaturas, cunha máxima prevista en Ourense de 25 graos

G24.gal 14/04/2024 20:59 Última actualización 14/04/2024 21:33

Por cuarto día consecutivo, Ourense superou os 30 graos, unha temperatura sorprendente nesta altura do ano.

“Estanos collendo un  pouco por sorpresa, pero agradécese bastante poder escapar á praia".

“Eu son moi friorenta, así que este tempo encántame, a chuvia deprímeme”.

“Eu a calor sopórtoa bastante ben, pero non é tanta”.

Non é tanta se a comparamos co verán, pero este episodio de calor deixounos o récord histórico de temperaturas nun mes de abril en Galicia, os 34,5 graos que se rexistraron este venres no concello de Leiro. 

"Hai que poñerse á sombra, que non che dea na cabeza... e nada máis".

"Eu levo mellor o frío ca a calor".

A pesar da calor non usual destes últimos días, hai quen prefire non desfacerse da chaqueta. A partir do luns, as temperaturas volven a valores máis propios destas datas. As mínimas baixarán desde os 14 ata os 9 graos, e a máxima prevista en Ourense non superará os 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos