Publicador de contidos

Publicador de contidos

O grupo ultracatólico Hazte Oír tamén se querela contra Begoña Gómez

O grupo ultracatólico Hazte Oír tamén se querela contra Begoña Gómez

A demanda debulla o que publican varios medios de comunicación e constrúe un relato de feitos que, ao seu xuízo, son constitutivos dun delito de tráfico de influencias

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, coa súa dona, Begoña Gómez, nunha imaxe de arquivo en outubro de 2023 (Álex Cámara / Europa Press). O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, coa súa dona, Begoña Gómez, nunha imaxe de arquivo en outubro de 2023 (Álex Cámara / Europa Press).
G24.gal 26/04/2024 12:24

O grupo ultracatólico Hazte Oír presentou unha querela por tráfico de influencias contra Begoña Gómez, a muller do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, perante o Xulgado de Instrución número 41 de Madrid, o mesmo que abriu dilixencias pola denuncia presentada por Manos Limpas.

Hazte Oír é a organización que puxo en circulación autobuses tránsfobos, outros caracterizando a Sánchez como a Adolf Hitler, marquesiñas de autobús negacionistas da violencia de xénero, a mesma que enviou os deputados bonecos de fetos durante a tramitación da lei do aborto e a que promove os acosos fronte ás clínicas abortivas.

Agora presentou unha querela contra Begoña Gómez para ampliar a presentada por Manos Limpias, e o previsible é que o xuíz Juan Carlos Peinado a engada ao procedemento que abriu.

Como ocorre no caso desa denuncia, a querela baséase en supostos feitos "publicados por numerosos medios de comunicación, e salvo erro por esta parte, non foron desmentidos".

Pero, a diferenza da de Manos Limpias, si debulla o que publican eses medios de comunicación e constrúe un relato de feitos que, ao seu xuízo, son constitutivos dun delito de tráfico de influencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade