Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres alumnos do IES Blanco Amor de Ourense gañan o Premio Stephen Hawking de CLUN

Tres alumnos do IES Blanco Amor de Ourense gañan o Premio Stephen Hawking de CLUN

Crearon un modelo matemático de aplicación en diferentes disciplinas

Agora xa pensan dedicarse á investigación científica

G24.gal 22/04/2024 18:31 Última actualización 22/04/2024 18:57

Demostración e descubrimento automático de teoremas xeométricos mediante bases de Gröbner. Un título complexo para un traballo que tamén o foi. Ou, polo menos, para estes tres mozos que aínda estudan bacharelato no instituto Blanco Amor de Ourense.

Co seu proxecto van crear modelos matemáticos que terán aplicacións en campos moi diferentes mediante o seu uso en equipos informáticos.

O traballo de investigación é parte dun proxecto impulsado pola Universidade de Santiago.

O premio foi de 1.500 euros, pero, sobre todo, é un recoñecemento a un traballo de moitos meses e un pulo para poñer en práctica os coñecementos que adquiren os alumnos no instituto.

Agora o modelo xa se vai aplicar e os rapaces cren que será un pulo para a súa traxectoria académica. 

Os segundos premios desta edición foron para alumnos de institutos de Brión, Santiago e Nigrán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos