Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Ourense aprendeu a tocar a zanfona con 90 anos feitos

Un veciño de Ourense aprendeu a tocar a zanfona con 90 anos feitos

José Pérez Coya domina o instrumento con só sete meses de clases

Xa actuou ante un público de máis de mil persoas

G24.gal 19/04/2024 20:13 Última actualización 19/04/2024 20:27

José Pérez Coya é, sen dúbida, o zanfoneador máis vello de Galicia. Trátase dun veciño de Ourense de 90 anos de idade que actuou en solitario ante máis de mil persoas. Pero o máis curioso de todo é que ata hai un ano nunca tivera unha zanfona nas mans. Sen dúbida, unha proba de que a idade non é obstáculo cando a arte se leva dentro.

"Dende que era moi cativo o soño da miña vida era poder chegar a tocar a zanfona. E conseguino agora ao final", explica José Pérez Coya.

"Non me deu opción a recomendarlle outro instrumento porque traía a idea moi clara de tocar a zanfona. E conseguiuno", explica o seu profesor, Manuel Garrido.

"Pouco a pouco vas collendo confianza e acabas por non pensar no público e só queres desfrutar. E, se gusta, hai que celebralo", así explica o músico veterano a súa experiencia no escenario.

"Todos os días collo a zanfona. Ás veces ata en tres ocasións. De media, toco 90 minutos diarios", así aclara José como chegou a dominar este instrumento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade