Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xornada perfecta deixaría resolta a permanencia do Celta

A xornada perfecta deixaría resolta a permanencia do Celta

O Cádiz visita o Bernabeu co Real Madrid buscando o título de Liga

O Celta recibe en Balaídos a un Vilarreal que se atopa nun gran momento de forma

Unha vitoria do cadro vigués e a derrota gaditana poría a diferenza ci descenso en oito puntos

G24.gal 03/05/2024 21:14

Cando o Celta salte ao cespede de Balaídos podería ter a posibilidade de aumentar a oito puntos a distancia co descenso quedando despois 12 por xogarse. Daríase se o Cádiz perde no Bernabeu e o Celta lle gaña ao Vilarreal, que está facendo unha segunda volta con números de Champions e pelexando por unha praza europea. Marcelino cre que o Celta segue sendo irregular malia o cambio de adestrador.

Ao Celta convenlle que o Real Madrid se proclame campión de liga este sábado. Ten que gañarlle ao Cádiz e que a continuación o Barcelona non o faga contra o Xirona. Volve a portería Courtois despois de case nove meses lesionado. Outros descansarán de cara a volta da Champions co Bayern o mércores. Ancelotti non pensa nas celebracións.

Pero o Celta ten que pensar en facer a súa parte. Se gaña e non o fai o Mallorca contra o Atlético, mete outro equipo por debaixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade