Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas quedan feridas tras bater dous coches na autovía do Morrazo

Dúas persoas quedan feridas tras bater dous coches na autovía do Morrazo

Nun dos vehículos viaxaban varios menores que saíron polo seu propio pé

G24.gal 27/04/2024 13:39 Última actualización 27/04/2024 13:51

Un grave accidente rexistrado este sábado na autovía do Morrazo, a AG-46, deixou dúas persoas feridas. 

Por motivos que se están a investigar, dous vehículos bateron frontalmente. Nun deles viaxaban menores que por sorte saíron polo seu propio pé. Os bomeiros do Morrazo excarceraron a súa nai e tamén o outro ferido.

Durante os labores de rescate, houbo importantes retencións. Axentes da Garda Civil de Tráfico tiveron que pechar un dos carrís de circulación. O sinistro aconteceu no teito entre Cangas e a saída de Bueu, á altura da parroquia de Coiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade