Falece César Alierta, expresidente de Telefónica
Falece César Alierta, expresidente de Telefónica
En 1996 foi nomeado por José María Aznar presidente de Tabacalera
Presidiu Telefónica desde o ano 2000 ata 2016
O que fora presidente de Telefónica e de Tabacalera, César Alierta, de 78 anos faleceu este mércores nun hospital Zaragoza onde estaba ingresado na UCI desde hai días por problemas respiratorios, segundo informaron fontes próximas ao empresario.
Alierta, que nos últimos anos atravesara diversos problemas de saúde, foi presidente executivo de Telefónica desde xullo do ano 2000 ata abril de 2016 e era un dos principais accionistas do Real Zaragoza.
Durante a súa etapa como primeiro executivo do grupo de telecomunicacións presidiu tamén o Consello Empresarial para a Competitividade, que tiña como principal obxectivo defender a imaxe da economía e as empresas españolas no exterior.
César Alierta comezou a súa andaina profesional no Banco Urquijo e a mediados de 1985 fundou Beta Capital. En xuño de 1996 foi nomeado por José María Aznar presidente da entón empresa pública Tabacalera.