Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Manuel Gallego, alcalde do concello ourensán de Taboadela durante case 50 anos

Falece Manuel Gallego, alcalde do concello ourensán de Taboadela durante case 50 anos

O Concello decretou dous días de loito oficial

G24.gal 19/04/2024 18:11

O Concello de Taboadela decretou dous días de loito oficial polo que fora alcalde da localidade durante 47 anos, Manuel Gallego Vila.

Nun comunicado, o consistorio mostrou a súa profunda dor e a súa pesar pola morte do exrexedor do Partido Popular e trasladou as súas condolencias aos familiares, amigos e amigas de Gallego Vila.

O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila Araújo, en nome de todo o goberno municipal trasladou aos familiares de Manuel Gallego as súas condolencias.

O rexedor puxo en valor a contribución e traballo de Gallego Vila durante os seus anos de mandato en favor do municipio e destacou a súa "loita comprometida por Taboadela e os seus veciños".

Manuel Gallego Vila foi alcalde desde 1972 no consistorio de Taboadela e retirouse nas eleccións municipais de 2019. Foi un dos rexedores máis lonxevos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos