Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado comeza en grande a defensa do título

Jorge Prado comeza en grande a defensa do título

O piloto galego estivo a un nivel moi alto gañando a primeira rolda e quedando por detrás de Gajser na segunda

Rubén Fernández non puido participar por unha lesión nunha deda nos adestramentos

G24.gal 10/03/2024 20:43 Última actualización 10/03/2024 21:06

Jorge Prado comezou en grande a defensa do título do Mundial de motocrós. Impúxose na primeira proba puntuable no circuíto da Arxentina logo de sumar un primeiro posto na primeira carreira e foi segundo por detrás de Gajser na segunda. 

A primeira carreira demostrou a madurez con que afronta Prado o campionato logo do título do ano pasado. Dominou desde a primeira curva cunha pilotaxe moi regular e sen cometer erros. Gajser, o máis rápido nos adestramentos, tivo un fallo e iso, con Prado en estado de graza é demasiada vantaxe. 

Na segunda rolda Gajser impuxo un ritmo moi forte buscando a remonta logo do quinto posto da primeira. Prado non quixo arriscar seguindo o seu ritmo e conformouse con manter a segunda praza aguantando o duelo con Febvre. Os dous pelexaban por levar o Gran Premio e foi Prado o que acabou conseguíndoo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade