Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cadro que Claudio deseñou no encerado e Aspas plasmou sobre o céspede

O cadro que Claudio deseñou no encerado e Aspas plasmou sobre o céspede

O Celta completa o mellor partido da temporada en Balaídos e está a só seis puntos do obxectivo marcado polo de Moaña

G24.gal 21/04/2024 23:41

Ningún momento mellor que o do minuto 77 para ilustrar unha tarde máxica. O cambio de Aspas, con dous goles e dúas asistencias. Ovación da bancada, parabéns dos compañeiros, o xesto cariñoso de Gudelj e unha aperta con Claudio. O Celta está a seis puntos de completar misión. De eses 37 nos que Aspas cifrou a salvación. E vén de protagonizar un dos mellores partidos dos últimos anos.

Un encontro que arrancou mal, coas Palmas superior e o gol de Herzog, pero que pasada a media hora o Celta endereitou. O plan de Claudio funcionou. O Celta axustou atrás e esnaquizou o partido rompendo ao espazo. Aspas empataba no 38 e no 39 o propio Aspas servía para a carreira de Swedberg. E 2-1 ao descanso.

Á volta presenciamos o mellor dos últimos anos. Cun Celta agresivo na recuperación, ben organizado e rápido na transición. Douvikas marcaba o terceiro, agasallo de Aspas. E cando faltaba un cuarto de hora para o final, os galegos pechaban con outra xogada vertical, ao espazo, que acabou con centro de Douvikas e gol de Aspas. 4-1. Ata 13 tiros entre os tres paus con perigo do Celta. Unha gozada que trouxo de volta a Rianxeira e que acabou con outra aperta entre Claudio e Aspas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos