Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril aproveita a superioridade e remonta en Valladolid (3-4)

O Fabril aproveita a superioridade e remonta en Valladolid (3-4)

Perdía por 3-1 no descanso, pero na segunda metade reaccionou con goles de Martínez Losa, Diego Gómez e Nájera

G24.gal 24/03/2024 10:07

Paso de xigante do Fabril para acadar a permanencia na Segunda Federación. Aproveitou a superioridade numérica da que gozou na segunda parte para remontar o 3-1 co que se chegou ao descanso. 

Aos 13 minutos gañaba o filial do Valladolid con dous goles de Yago Paredes. O Fabril marcou grazas a un penalti anotado por Mati Castillo e, xusto despois, o local Peralta era expulsado. Pero no engadido do primeiro tempo Frimpong volvía a poñer dous goles de vantaxe para o Promesas. 

No segundo tempo o equipo de Gilsanz botouse arriba e antes do minuto 65 conseguira empatar con goles de Martínez Losa e Diego Gómez de penalti. Houbo que agardar ata o engadido para ver o definitivo 3-4, un gol de Mario Nájera que vale o seu peso en ouro.  

Os dous equipos estaban igualados con 33 puntos e agora os fabrilistas superan o seu rival en tres puntos e afástase do descenso directo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos