Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo consegue unha vitoria balsámica

O Lugo consegue unha vitoria balsámica

O Raio Majadahonda quedou cun home menos moi pronto

G24.gal 27/04/2024 20:26

O Lugo acadou un importante triunfo no Anxo Carro para afastar o descenso a seis puntos, nun partido condicionado pola expulsión de Sergi García á media hora logo dunha liorta con Bernardo. Aproveitouno Jozabed para abrir o marcador cun remate acrobático xusto antes do descanso.

Pero o Raio Majadahonda, pechacancelas da Primeira Federación, empatou á volta da pausa por medio de Kike Hermoso á saída dun córner. Hou que agardar ao tempo engadido para que o Lugo resolvese o encontro. No noventa e dous marcou Aranda recollendo un balón morto, e aínda tivo empo Antonetti para marcar o terceiro no minuto 96, que corta unha serie de catro derrotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos