Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa, en cadeira de rodas pola dor de xeonllos

O papa, en cadeira de rodas pola dor de xeonllos

O papa Francisco chegou en cadeira de rodas empuxado por un dos seus axudantes á XXII Asemblea Plenaria da Unión Internacional de Superiores Xerais (UISX)

Na audiencia de onte xa se viu Pontífice levantándose e camiñando con moita dificultade e coa axuda de dúas persoas

G24.gal 05/05/2022 12:27 Última actualización 05/05/2022 13:00

A dor de xeonllos non lle dá tregua ao papa Francisco. Volveu pedir desculpas este mércores por non poder saudar os fieis na audiencia xeral e dixo que esperaba que desaparecese pronto. Viuse o Pontífice levantándose e camiñando con moita dificultade e coa axuda de dúas persoas.

Hoxe, o papa xa utilizou unha cadeira de rodas para chegar ao salón Paulo VI do Vaticano para asistir a XXII Asemblea Plenaria da Unión Internacional de Superiores Xerais (UISX) pola forte dor no xeonllo dereito; a dor impediulle camiñar para reunirse cos participantes.

 O papa chegou en cadeira de rodas empuxado por un dos seus axudantes, tal como se pode ver nas fotos das axencias de noticias e das fotos dos participantes na audiencia, que axiña colgaron nas redes sociais.

Foi o propio papa Francisco quen desvelou recentemente que o médico lle aconsellara que non andase estes días e tamén explicou nunha recente entrevista que ía recibir infiltracións para mitigar a dor.

Nas últimas semanas suspendeu durante uns días o seu horario para someterse ás probas médicas e este problema obrigouno a non oficiar algúns ritos durante a pasada Semana Santa.

A principios de abril, durante a súa viaxe apostólica a Malta, non puido baixar as escaleiras do avión por primeira vez e recorreu a un ascensor.

Segundo algúns medios, se a situación non se resolve, barallase unha operación, aínda que será o último remedio, aclaran.

Estes problemas de mobilidade para o papa son preocupantes tendo en conta as próximas viaxes que terá que afrontar, como a do Líbano a mediados de xuño ou a de principios de xullo á República Democrática do Congo e Sudán do Sur ou O Canadá a finais de xullo tamén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade