Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben os prezos dos seguros dos coches

Soben os prezos dos seguros dos coches

A alta sinistralidade e a inflación que encareceu as reparacións están detrás desta suba

A suba media é dun 30 %, son 200 euros máis ao ano

G24.gal 19/04/2024 11:36

A quen lle tocou renovar o seu seguro do coche no primeiro trimestre do ano xa notaron que pagaron máis por el. 

"Cento e pico de euros", asegura un condutor, e outro di: "Querían subirme un 20 por cento".

De media é case un 30 por cento o que encareceron os prezos, isto tradúcese nuns 200 euros máis ao ano. 

"Non soben así os soldos en relación a vida", quéixase un condutor, e outra engade: "Todo vai sumando e cada vez máis".

As que máis subiron son as pólizas de todo risco, que xa eran as máis caras. 

"Todos os anos hai que renegociar, aínda que sigas na mesma compañía", explica un condutor.

Da suba non se libran nin os condutores cos mellores expedientes, os que non teñen sinistros e son fieis ás súas compañías. 

"Os que non temos sinistros non deberiamos pagar esas derramas", quéixase un condutor, e outro, resignado, di: "Se queres estar asegurado, tes que pagar".

A inflación e a alta sinistralidade están detrás desta suba.

"A sinistralidade inflúe moito, e tamén a inflación e os altos custos das reparacións, que encareceu a man de obra dos talleres e as pezas", explica o axente de seguros Óscar Manuel Rodríguez.

Con esta suba hoxe é difícil atopar unha póliza a todo risco por debaixo dos 600 euros. No caso dos condutores profesionais o prezo dispárase ata os 2.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar