Falecen dous dos feridos no atropelo na terraza dun bar en Vilaboa
Falecen dous dos feridos no atropelo na terraza dun bar en Vilaboa
O suceso ocorreu en Santa Cristina de Cobres minutos antes das cinco da tarde
En Vilaboa, un coche esnafrouse contra a terraza do bar Chancho e feriu catro persoas que estaban no lugar. Dúas delas, acaban de falecer.
O 061 enviou á zona dúas UCIS móbiles e outras dúas ambulancias de soporte básico.
Nun primeiro momento, dous pacientes foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Son un home de 79 anos e outro de 67. Un terceiro ferido, de 67 anos, foi enviado ao hospital Montecelo.
O suceso ocorreu pouco antes das cinco da tarde.
Ao parecer, o condutor perdeu o control do vehículo cando trataba de aparcalo.
🔴 #AXEGAInforma dun atropelo múltiple á altura do punto quilométrico 0 da N-554, en Santa Cristina de Cobres, #Vilaboa. Unha persoa foi evacuada, grave, polo equipo médico. Outra está sendo atendida no punto e dúas máis resultaron feridas de carácter leve. (1/2) pic.twitter.com/bQXqheqNsj
— 112Galicia (@112Galicia) March 17, 2023