Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Alcarràs', de Carla Simón, filme elixido para representar España nos Óscar

'Alcarràs', de Carla Simón, filme elixido para representar España nos Óscar

A Academia de Cine Española seleccionou esta película, que competía con 'Cinco lobitos' e 'As bestas'

'Alcarràs', recomendación de cine con Ángel Suanzes

G24.gal 13/09/2022 11:48 Última actualización 13/09/2022 12:00

'Alcarràs', de Carla Simón, representará España na competición polo Óscar á mellor película internacional na 95 edición destes premios da Academia de Hollywood,

Así o anunciou este martes a Academia de Cinema española. A segunda longametraxe da directora catalágañadora do Oso de Ouro na pasada Berlinale, foi a elixida polos académicos españois dunha terna de preseleccionadas na que tamén figuraban 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa e 'As bestas' de Rodrigo Sorogoyen.

Nun acto celebrado este martes na sede da Academia española, a actriz Carmen Maura foi a encargada de anunciar o título elixido para competir na 95 edición dos Premios Óscar, que se celebrarán o 12 de marzo de 2023 nos Ánxeles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade