Publicador de contidos
Publicador de contidos

'As bestas', 'Alcarràs' e "Cinco lobitos", películas españolas na preselección dos Óscar

'As bestas', 'Alcarràs' e "Cinco lobitos", películas españolas na preselección dos Óscar

A candidata seleccionada pola Academia Española de Cine coñecerase o próximo 13 de setembro

Fotograma da película As bestas Fotograma da película As bestas
G24.gal 25/08/2022 12:22

'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen; 'Alcarràs', segunda longametraxe da cineasta Carla Simón, gañadora do Oso de Berlín no festival deste ano, e 'Cinco lobitos', ópera prima de Alauda Ruiz de Azúa, comezan este xoves a carreira para chegar a representar a España na 95 edición dos Óscar.

De entre estas tres películas, que foron anunciadas na sede da Academia española de cinema pola actriz María Pedraza, en presenza do presidente Fernando Méndez-Leite, sairá o nome da que iniciará o percorrido cara ao Óscar á mellor película internacional do 2023, e que se dará a coñecer o próximo 13 de setembro. 

Nesa selección hai representación de Galicia, en concreto na do filme 'As bestas', xa que a trama da longametraxe de Sorogoyen desenvólvese nunha suposta localidade galega e conta coas actuacións dos actores Luís Zahera e Diego Anido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade