Sonia Méndez e Andrea Villa: "Carballo Interplay é un festival de contidos dixitais, pero tamén de pensamento"
Sonia Méndez e Andrea Villa: "Carballo Interplay é un festival de contidos dixitais, pero tamén de pensamento"
Facu Díaz e Miguel Maldonado, Bob Pop, Ángela Henche e Albanta San Román ou a cómica Ana Polo participan no festival
Na Sección Oficial compiten 20 series de 12 países. Unha ducia de proxectos son finalistas para os premios a contido dixital en galego.
O CIP acolle a estrea da 'Delirio Sketchs', de Bea Saián, que gañou o premio a mellor proxecto na pasada edición do festival
"Nun momento en que moita xente está pensando en abandonar as redes, nós queremos reivindicar a Internet que nos gusta. A Internet que nos suma, que nos ensina, que fai que nos xuntemos".
Esa é a Internet do Carballlo Interplay, un festival que quere ser sobre todo un punto de encontro para creadores dixitais. Este xoves arranca no Mercado de Carballo a súa duodécima edición, cun programa que se prolonta ata o domingo 27.
Hoxe falamos do que alí vai acontecer coas directoras Sonia Méndez e Andrea Villa.