Publicador de contidos
Publicador de contidos

'CODA' imponse a 'O poder do can' nuns Óscar cun español premiado

'CODA' imponse a 'O poder do can' nuns Óscar cun español premiado

Alberto Mielgo faise co galardón á mellor curtametraxe animada por O limpaparabrisas

Jessica Chastain, Will Smith e Hans Zimmer deixan sen premio a Penélope Cruz, Javier Bardem e Alberto Iglesias

Unha gala que quedará marcada pola reacción violenta de Will Smith

Alberto Mielgo, á dereita da imaxe, recolle o Óscar canda o produtor Leo Sánchez. AFP
G24.gal 28/03/2022 06:21

CODA. Os sons do silencio fixo pleno nesta 94 edición dos Premios da Academia de Hollywood. Aspiraba a tres Óscars e levou os tres: mellor película, guión adaptado e actor secundario para Troy Kotsur, o primeiro intérprete xordo en conseguilo. A favorita, O poder do can, tiña 12 candidaturas e tivo que conformarse cun único galardón, á mellor dirección, para a neozelandesa Jane Campion.

A máis premiada foi Dune, que conseguiu seis, todos en apartados técnicos, incluídos os de mellor montaxe, fotografía, efectos visuais e banda sonora, para Hans Zimmer, que se impuxo ao español Alberto Iglesias, aspirante ao Óscar por Nais paralelas.

Tampouco Penélope Cruz logrou o de mellor actriz polo seu traballo na película de Pedro Almodóvar: foi para Jessica Chastain polo seu papel en Os ollos de Tammy Faye. O de mellor actor, polo que competía Javier Bardem, levouno Will Smith pola súa interpretación en O método Williams. El protagonizou o momento máis tenso da gala, cando lle deu unha labazada ao humorista Chris Rock por unha broma sobre a súa muller.

Como o de Encanto, mellor filme de animación. Que puxo a bailar a todos os asistentes cunha espectacular interpretación de Bruno. Tamén a animación lle deu a gran alegría ao cinema español coa mellor curta para  El Limpiaprabrisas, de Alberto Mielgo e Leo Sánchez.

O mellor guión orixinal foi para Belfast. Primeiro premio que consegue Kenneth Brannagh despois de 8 candidaturas.

E O Xapón celebrou o Óscar de Drive my Car como mellor película internacional, o segundo para este país.

Nunha gala moi musical houbo tamén tempo para o silencio polo pobo ucraíno, moitos lazos azuis de solidariedade e moitas mensaxes a favor da paz e da convivencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos