Cargando resultados...
'El buen patrón', película seleccionada para representar a España nos Óscars
'El buen patrón', película seleccionada para representar a España nos Óscars
En 2003 fora finalista o seu filme Os luns ao sol
Fotograma do filme El buen patrón
G24.gal
05/10/2021 21:49
El buen patrón, de Fernando León de Aranoa, foi a película elixida para representar a España na 94 edición dos Óscars na categoría de mellor película internacional.
Despois de que en 2003 fora finalista o filme Os luns ao sol, é a segunda vez que o director madrileño compite nos premios de Hollywood. Protagonizada por Javier Bardem no papel do dono dunha empresa familiar, a película conta cun extenso elenco, no que está o galego Celso Bugallo.