Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Matria' chega en galego a 60 cinemas de toda España

'Matria' chega en galego a 60 cinemas de toda España

O filme de Álvaro Gago convértese na maior estrea comercial en galego da historia

A actriz María Vázquez é a protagonista de 'Matria'
G24.gal 24/03/2023 13:09

Nin o director Álvaro Gago podía esperar o percorrido que tería ‘Matria’, a súa curta do 2017. Agora, aquela Ramona, protagonista do filme e interpretada por Eulogia Chaves, transformouse en María Vázquez, e a curta ‘Matria’ transformouse nunha longametraxe.

‘Matria’ chega hoxe aos cines e poderá verse ata en 60 salas, o que a converte na película en versión orixinal galega cunha maior estrea comercial na historia, superando a ‘O que arde’.

O filme, con María Vázquez como protagonista, fala da historia de Ramona, unha muller dunha vila de Galicia, marcada pola súa vida laboral e os sacrificios pola súa filla, ata que descobre algo novo polo que vivir.

A historia de Ramona xa tivo o seu premio coa Biznaga de Prata como mellor actriz no Festival de Málaga para María Vázquez e tamén co seu paso pola Berlinale. Agora, esta película, participada pola Televisión de Galicia, chega aos cines de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade