Miki Villar dedica o seu primeiro gol profesional á familia, que o apoiou desde neno
Miki Villar dedica o seu primeiro gol profesional á familia, que o apoiou desde neno
A esixencia física da nova categoría obrigouno a gañar peso e musculatura
Miki Villar falou en Zona mixta sobre o seu primeiro gol no fútbol profesional co seu novo equipo, o Ibiza, recoñecendo que, “non vou mentir, vino repetido unhas cantas veces”, e que lle gusta recrearse nel.
Gañou catro quilos
Subir ao fútbol profesional ten momentos de ledicia como a que lle proporcionou ese tanto, pero tamén sacrificios que se notan "hai moita diferenza no físico, sobre todo nos duelos individuais".
Por iso seguiu un plan específico canto ao seu peso. "Cheguei con 62 quilos e vou xa por 68, teño que meterlle duro ao ximnasio e xa non como as ‘patatillas’ que comía o ano pasado", afirmou cun sorriso.
O apoio da familia, fundamental
Púxose máis serio e crebábaselle a voz ao dianteiro ao recoñecer a importancia de ter aos seus preto del desde que era un neno: “O gol é para a miña familia, que de neno me levaban adestrarme e me pagaron mil veces a autoestrada”.