Publicador de contidos
Publicador de contidos

'O Efecto Reliquia', a obra máis recente da pintora Teresa Moro, no Marco de Vigo

'O Efecto Reliquia', a obra máis recente da pintora Teresa Moro, no Marco de Vigo

Obxectos cotiás de artistas aos que admira son retratados para se converter en obras de arte

Catro series: postais, estudos, reliquias e camas, integran unha mostra con preto dun cento de cadros

Teresa Moro, pintora
G24.gal 04/02/2022 10:16

O Efecto Reliquia colga no Museo de Arte Contemporánea de Vigo unha homenaxe á pintura e ao espazo dos artistas. Faino da man da madrileña Teresa Moro, nunha mostra con preto dun cento de pezas. A maioría son lenzos pintados en acrílico, pero tamén hai obras sobre papel e tamén unhas vitrinas con obxectos que a acompañan no seu lugar de traballo.

Nela descobre e retrata a súa colección privada de paletas, camas, cadeiras, e moitos outros obxectos que pertencen a artistas polos que sinte admiración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade