Cargando resultados...
'O pequeno poni', unha peza sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo
'O pequeno poni', unha peza sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo
A peza baséase na historia dun neno que sufriu acoso escolar nun colexio de Carolina do Norte
A peza tamén reflicte o proceso en que se desestruturan como parella os pais de Luismi
O pequeno poni estréase no FIOT de Carballo e logo pasa polo FITO de Ourense
G24.gal
09/10/2023 15:11
Última actualización 09/10/2023 16:30
A compañía galega Redrum Teatro presenta O pequeno poni, unha peza baseada en feitos reais, con texto do dramaturgo Paco Bezerra. Fala de inxustiza, de soidade, de medos, inseguridades... Denuncia o acoso escolar e faino reflectindo o problema dunha parella con moitas dificultades para afrontar o acoso escolar que sofre seu fillo de dez anos.