Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reunimos a Brönninmann e González-Monjas no inicio da tempada musical galega

Reunimos a Brönninmann e González-Monjas no inicio da tempada musical galega

González-Monjas combina esta tempada tradición e modernidade e a homenaxe a Brahms: "Queremos ser útiles a Galicia"

Brönninmann aborda unha temporada dedicada ás migracións e facendo oco á música contemporánea: "Hai un nivel excelente de músicos en Galicia"

G24.gal 08/10/2023 11:30 Última actualización 05/10/2023 17:47

As dúas grandes orquestras galegas poñen en marcha estes días os seus programas e estrearon novos directores titulares.  Os dous destacan no panorama internacional e son líderes natos.

Baldur Bröninman é director musical e artístico da Real Filharmonía de Galicia. Naceu en Suíza, formouse na Academia de Música de Basilea e no Royal Northern College of Music de Manchester. Foi director titular da orquestra nacional de Colombia, da Sinfónica de Porto, e a súa batuta ten dirixido importantes orquestras por todo o mundo. 

Roberto González-Monjas naceu en Valladolid, ademais da Sinfónica de Galicia é tamén director titular de Dalasinfoniettan en Suecia e do Musikkollegium Winterthur en Suíza. É o principal director invitado da Orquestra Nacional Belga. 

Ambos os dous apostan pola formación e a creación de novos públicos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar