Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Steven Meisel 1993': un percorrido polo ano máis prolífico dun fotógrafo fundamental

'Steven Meisel 1993': un percorrido polo ano máis prolífico dun fotógrafo fundamental

A mostra ofrece un cento de retratos de homes e mulleres do mundo da moda e do cine

Permanecerá na zona portuaria da Coruña ata o mes de maio de 2023

G24.gal 12/12/2022 16:41

Primeiro foi Peter Lindbergh e agora é Steven Meisel.

A Fundación MOP, de Marta Ortega Pérez, volve traer a Galicia a obra dunha figura internacional da moda e da fotografía.

Neste caso, o protagonista é un dos impulsores de fenómeno das supermodelos nos anos 90, ao que se lle dedica unha exposición cun cento de retratos, entre os que atopamos a Linda Evangelista, Claudia Schiffer, Naomi Campbell ou Carla Bruni.

Meisel naceu cun don na mirada. Foino alimentando a forza de perfeccionismo e sensibilidade. Por iso o seu nome é unha enigmática lenda viva. 

Nos anos 60, sendo aínda un rapaz, lataba as clases e botábase ás rúas de Nova York e fotografaba as modelos ás portas das axencias. 

Co tempo acabou collendo a cámara profesionalmente para ir construíndo a exitosa carreira que albiscamos nesta mostra, centrada no ano 1993, o máis prolífico deste fotógrafo, que sempre se preocupou de participar en todos os pasos do proceso, dende o peiteado e a maquillaxe ata o deseño.  

Atopamos a mostra Steven Meisel 1993. A Year in Photographs na zona portuaria da Coruña, nun espazo reconvertido co tacto da arqueoloxía industrial.

Pódese visitar de maneira gratuíta ata o mes de maio de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade