Cargando resultados...
Xosé de Cea: "Detrás do termo `xarnego´ hai un sacrificio enorme das familias"
Xosé de Cea: "Detrás do termo `xarnego´ hai un sacrificio enorme das familias"
A novela Coímbra recolle o paso da infancia á adolescencia marcado polos anos 70 e a condición de xarnego
Está é a primeira novela para adultos do autor, recoñecido na literatura infantoxuvenil e a poesía
Xosé de Cea, autor de Coímbra
G24.gal
18/06/2023 11:30
Última actualización 15/06/2023 17:00
No barrio barcelonés de Horta está a rúa de Coímbra. Coímbra é o escenario e o título da primeira novela para adultos de Xosé de Cea despois dunha consolidada traxectoria na poesía e no infantoxuvenil. Coimbra nos anos 70, cando o autor era neno e despois adolescente. Un lugar de xarnegos onde vivían familias procedentes do Levante, do Sur de España, de Aragón, de Castela e algunha galega. Alí entre os pisos vellos e os novos naceron estas lembranzas que conforman o libro Coímbra de Xosé de Cea.