Publicador de contidos
Publicador de contidos

0 40 % das explotacións de leite pertencen a gandeiros de máis de 60 anos

0 40 % das explotacións de leite pertencen a gandeiros de máis de 60 anos

Unións Agrarias organiza unhas xornadas sobre a necesidade de remuda no vacún de leite

Inciden na necesidade de axilizar as concentracións parcelarias e piden complicidade aos consumidores galegos fronte aos acordos da UE co Mercosur

O sindicato Unións Agrarias denuncia que en Galicia hai 600.000 ha improdutivas mentres se importan 4.5 millóns de toneladas de forraxes
G24.gal 12/12/2024 14:28

Para manter as explotacións de vacas leiteiras no rural galego é imprescindible apostar por unha remuda xeracional, porque o 40 % dos titulares desas explotacións teñen hoxe máis de 60 anos.

 "Nos próximos dez anos vanse xubilar por idade máis do 40 % dos titulares de explotación, e aínda que hai un número importante de mozos que optan por continuar coa explotación familiar, apenas conseguimos a remuda dun de cada cinco dos que se xubilan". explicou Roberto García, o secretario xeral de Unións Agrarias.

Explican no foro sobre vacún de leite organizado polo sindicato agrario en Santiago de Compostela que, para seguir sendo competitivos, os gandeiros teñen un problema de base territorial, con 600.000 hectáreas abandonadas en Galicia e unha concentración parcelaria que vai demasiado lenta.

"Ao ano estamos concentrando en Galicia unhas 6.000 ou 7.000 hectáreas e temos un déficit de produción de forraxes de catro millóns e medio de toneladas, de forraxes que veñen de fóra. E a iso sumamos unha desgraza bíblica, que é que a industria en Galicia nos paga o leite catro ou cinco céntimos por baixo do que cobra un gandeiro en calquera outra comunidade. Polo tanto, se cobramos menos polo produto e non abaratamos custos, isto colócanos nunha posición de expulsión pola vía económica", detallou o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.
 

Os mozos gandeiros piden que acceder ás axudas da Unión Europea sexa máis doado. Tamén demandan a colaboración dos consumidores, aos que lles piden que opten polo produto do país.

"O problema é que entre produto de fóra sen a rastrexabilidade que temos aquí, porque aquí temos un produto dunha calidade excelente", dixo José Gómez, gandeiro.


Fronte aos acordos con Mercosur, explican que o benestar animal, o respecto ao medio e os dereitos dos traballadores teñen un prezo e que tamén os consumidores deben ser conscientes e defender o modelo de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar