Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez autores e autoras noveis participaron na Residencia Literaria Cidade da Cultura

Dez autores e autoras noveis participaron na Residencia Literaria Cidade da Cultura

A Residencia Literaria Cidade da Cultura desenvolveuse no Gaiás entre o 4 e o 16 de xullo

G24.gal 16/07/2022 21:15

Dez autoras e autores noveis compartiron por primeira vez os seus textos inéditos. 

"Gustábame xogar coa idea dun escritor que nunca escribira nada e que non era capaz de escribir a primeira palabra. É como unha especie de diario sobre a imposibilidade de escribir esa historia", comenta o escritor David Outón.

O personaxe podería participar no mesmo obradoiro ao que asistiu o seu autor. Foron 12 intensas xornadas en que recibiron os consellos das escritoras Marta Sanz e Ledicia Costas e do escritor Javier Peña, director da Residencia literaria Cidade da Cultura.

"Que teñan confianza na súa voz, no seu proxecto e que teñan ganas de sacalo adiante e que pulan algunhas deficiencias que os estaban atascando e que realmente non eran tal".

"Vin cunha idea, marcho con outra, e se callar nos próximos meses vai mudar a outra idea", explica a escritora Sabela Paz.

O obradoiro rematou, pero as súas obras seguirán transformándose ata o punto e final que aínda está por escribir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade