Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana de oposicións en Galicia para preto de 13.000 persoas

Fin de semana de oposicións en Galicia para preto de 13.000 persoas

Aspiran a 148 prazas a nivel autonómico e máis de 31.000 estatais

O recinto feiral de Silleda acolle a proba para auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

G24.gal 14/12/2024 13:20 Última actualización 14/12/2024 14:00

Unhas 13.000 persoas examínanse esta fin de semana en Galicia para intentar conseguir unha praza na administración xeral da Xunta e do Estado.

Preto das nove da mañá os opositores agardaban, entre nerviosos e conxelados, o momento de entrar no pavillón dous do recinto feiral de Silleda. Aspiran a conseguir unha das 15 prazas de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos ofertadas pola administración xeral de Galicia.

Para algúns dos algo máis de mil aspirantes, xa non é o primeiro intento.

"É a terceira, (e como vai esta terceira?) ... vai (risas)".

"Son moi poucas prazas e moita xente entón hai que ler ben as preguntas porque, como se di, van pillar, hai que fixarse ben".

Menos presión senten os que veñen probar por primeira vez ou contan con experiencia noutras especialidades.

"Eu veño relaxada porque non o preparei moito e entón non teño a presión do resultado"

"Estudei dous mestrados neste tema, xestión do patrimonio e servizos culturais así que por aí van os tiros".

Na administración galega son 148 prazas. En todo o Estado a oferta é de 31.600 prazas tanto para acceso xeral como para promoción interna. Neste caso, os exames teñen lugar na Coruña e Vigo. Preséntanse 7.742 persoas en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade