15 comunidades con avisos por chuvia, vento, neve ou ondada
15 comunidades con avisos por chuvia, vento, neve ou ondada
A cota de neve está arredor dos 1.000 metros
Nas zonas de costa, ambiente gris, chuvia e moito vento, que mantén activos avisos mesmo nas Canarias
O tempo recrúa tamén no resto de España, con avisos por vento, ondada, chuvia ou neve en 15 comunidades. Todas, salvo Estremadura e o País Vasco.
Hai avisos amarelos por neve en Granada e Xaén, en Huesca e en moitos puntos de Cataluña, Castela-A Mancha, Castela e León, Cantabria, Asturias ou Madrid, que amenceu coa serra tinguida de branco, para a ledicia dos máis pequenos.
A cota de neve está arredor dos 1.000 metros. Por baixo, no norte. E agárdanse acumulacións que poderían chegar aos 15 centímetros nos Pireneos.
A estampa invita a gozala con precaución nas estradas e nas rutas. Dúas montañeiras desorientadas pola néboa tiveron que ser rescatadas nos Picos de Europa. Estaban con frío, pero en bo estado.
Un frío e unha chuvia que segue practicamente en toda España e invita ao turismo de cidade, de abrigo e paraugas.
Nas zonas de costa, ambiente gris, chuvia e moito vento, que mantén activos avisos mesmo nas Canarias. Condicións adversas no mar, que no litoral gaditano cancelaron a escala de dous cruceiros.