Publicador de contidos
Publicador de contidos

39 mortos e 29 feridos nun incendio dun centro migratorio de México

39 mortos e 29 feridos nun incendio dun centro migratorio de México

O presidente, López Obrador, bótalle a culpa a unha protesta que iniciaron os migrantes ao saberen que ían ser deportados

G24.gal 28/03/2023 19:42 Última actualización 28/03/2023 20:11

O Goberno mexicano cifra en 39 o número de migrantes mortos por un incendio nunha estación do Instituto Nacional de Migración en Ciudad Juárez, na fronteira cos Estados Unidos. O número de feridos ascende a 29, segundo sinalou a Fiscalía Xeral da República nun comunicado.

Os migrantes identificados son das seguinte nacionalidades: 1 colombiano, 1 ecuatoriano, 12 salvadoreños, 28 guatemaltecos, 13 hondureños e 12 venezolanos", pero sen precisar aínda cales son os falecidos e os feridos.

O presidente mexicano, Andrés Manuel López Obrador, explicou que o incidente aconteceu ás 21.30 horas (04.30 GMT) en Ciudad Juárez, na fronteira coa cidade estadounidense de El Paso, Texas. López Obrador botoulle a culpa a unha protesta de migrantes polo incendio. 

"Isto tivo que ver cunha protesta que iniciaron os migrantes, supoñemos que a raíz de saberen que ían ser deportados, e como protesta, na porta do albergue puxeron colchóns e prendéronlles lume", declarou o presidente mexicano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade