Cargando resultados...
5 anos do primeiro caso de covid en Wuhan
5 anos do primeiro caso de covid en Wuhan
Acabaría converténdose nunha pandemia que paralizou o mundo
G24.gal
16/11/2024 15:30
Vai facer cinco anos do primeiro caso de covid. A que nun principio coñecemos como pneumonía de Wuhan acabaría converténdose nunha pandemia mundial. Coa perspectiva do tempo analizamos coa axuda de expertos o impacto que tivo na economía, na saúde e na vida de todos nós. Tamén as ensinanzas que nos deixou. As que seguimos tendo en conta, pero tamén as que esquecemos con rapidez.