Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Academia de Hollywood estudará un castigo a Will Smith pola labazada nos Óscar

A Academia de Hollywood estudará un castigo a Will Smith pola labazada nos Óscar

O actor arreoulle unha labazada a Chris Rock despois de facer humor coa alopecia da súa esposa

'CODA' imponse a 'O poder do can' nuns Óscar cun español premiado

Momento no que Will Smith lle arrea unha labazada a Chris Rock na gala de premios
G24.gal 28/03/2022 21:44

A Academia de Hollywood, organizadora dos premios Óscar, emitiu este luns un comunicado en que "condena" a labazada que Will Smith lle arreou a Chris Rock en plena gala de entrega dos premios.

A reacción de Will Smith produciuse despois de que Chris Rock fixera unha broma coa alopecia que sofre a tamén actriz Jada Pikett-Smith, muller de Will Smith. Rock comparouna coa Tenente O'Neil do filme de Ridley Scott.

A Academia anuncia que se abriu unha "investigación formal" na que se estudarán futuras accións segundo a lei de California.

"A Academia condena as accións do señor Smith na gala de onte á noite. Comezamos oficialmente unha revisión formal do incidente e exploraremos máis accións e consecuencias de acordo cos nosos estatutos, normas de conduta e a lei de California", dixo a organización nun comunicado.

No código de Conduta dos premios Óscar hai un apartado que restrinxe "o contacto físico non solicitado" e esixe que os membros se traten con respecto. Precisamente, a última actualización do código foi no ano 2017, coincidindo coa campaña do #MeToo contra o acoso sexual.

Na festa posterior á entrega dos premios, varios membros da Academia comentaron a título individual que se iniciaron conversacións sobre a posibilidade de aplicar medidas disciplinarias contra o actor. Entre as opcións que se barallan poderían estar a súa expulsión da Academia, a retirada do premio que gañou este domingo ou unha reprimenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade