Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aplicación móbil do Catastro permite consultar o valor das terras

A aplicación móbil do Catastro permite consultar o valor das terras

Catastro app personaliza a información sobre os inmobles urbanos e rústicos de titularidade

Para acceder á aplicación móbil é necesario identificarse con Cl@ve PIN, Cl@ve permanente ou certificado electrónico, ou ben con DNI e referencia catastral

G24.gal 11/03/2024 12:27

Os ministerios de Facenda e Transformación Dixital lanzaron unha aplicación móbil do Catastro que permite desde recibir avisos sobre alteracións que afecten os inmobles dos que se é titular ata consultar o valor de terras de cultivo.

Segundo informaron este luns ambos os dous ministerios nun comunicado, a aplicación Catastro app, de uso unicamente persoal, permite reunir e personalizar a información sobre os inmobles urbanos e rústicos, engadindo fotografías, esbozos ou anotacións.

O acceso é mediante Cl@ve PIN, Cl@ve permanente ou certificado electrónico, ou ben con DNI e referencia catastral

Para acceder á aplicación móbil é necesario identificarse con Cl@ve PIN, Cl@ve permanente ou certificado electrónico, ou ben con DNI e referencia catastral.

Entre as funcións previstas figuran os avisos en caso de que se produza algunha alteración catastral nos inmobles dos que se é titular, que se poderán responder achegando a información solicitada, formulando alegacións ou descargando notificacións pendentes.

Tamén se poderá xeolocalizar a parcela e gardar información adicional, como fotografías ou anotacións, así como consultar o valor das terras de cultivo ou aproveitamentos de cada zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade