A área sanitaria de Santiago-A Barbanza roza os 8.000 casos activos
A área sanitaria de Santiago-A Barbanza roza os 8.000 casos activos
Nas últimas 24 horas diagnosticáronse arredor de 1.300 positivos
Hai 79 persoas hospitalizadas, 65 en planta e 14 na UCI
Os arredor de 1.300 novos positivos diagnosticados na área sanitaria Santiago-A Barbanza nas últimas 24 horas melloran levemente os datos de onte, cando se superaron os 1.500.
Porén o número de casos activos medra ata os 7.936. Unha evolución negativa que preocupa.
Malia o aumento de casos, a presión hospitalaria mantense. Hoxe hai 79 persoas ingresadas, 65 en planta, un menos ca onte, e 14 na UCI.
Unha situación que non afectará o xeito en que as familias xa tiñan previsto despedir o ano.
Unha noite para algúns, chea de esperanza e positivismo.
Confían en que a vacinación e o cumprimento das medidas permitan afrontar o inicio de ano con mellores datos.