A arma de Cabalería peregrina a Santiago para homenaxear o seu patrón
A arma de Cabalería peregrina a Santiago para homenaxear o seu patrón
Ofreceron os seus estandartes ao apóstolo Santiago nunha parada militar no Obradoiro
Trompetas e tambores acalaron o habitual balbordo do Obradoiro. A arma de Cabalería facía a súa entrada na praza para homenaxear o apóstolo nun ano especial.
"O ano santo é especial para nós porque o noso patrón é o apóstolo Santiago desde tempos inmemoriais e oficialmente desde o século XIX" explica Ernesto de Novales, coronel e secretario da arma de Cabalería.
Os protagonistas da parada foron os estandartes, ofrecidos con solemnidade por representantes de todos os rexementos de Cabalería.
"Presentamos os estandartes ao patrón e o invocamos para que nos guíe e axude nas misións e cometidos que temos, agora estamos en moitas misións internacionais", engade o coronel Novales.
A homenaxe aos caídos e os himnos militares pecharon o programa dun acto que chamou a atención de moitos curiosos.
Música que acompañou a Cabalería ata o interior da catedral, onde asistiron á misa do peregrino para completar a tradición.