Publicador de contidos
Publicador de contidos

A axuda de varios veciños evitou a traxedia nun incendio no Grove

A axuda de varios veciños evitou a traxedia nun incendio no Grove

O lume iniciouse na cociña da vivenda en que residen dous anciáns que saíron ilesos 

Os veciños reaccionaron pronto e apagaron o lume 

G24.gal 05/09/2023 14:07

Un incendio na cociña nunha vivenda do Grove, que quedou nun susto grazas á solidariedade e axuda dos veciños. A pronta actuación da veciñanza evitou unha posible traxedia, e o matrimonio de persoas maiores que viven na casa puideron saír sen sufrir danos.

"Saía fume moi negro e temín o peor".

"Estaba comendo e cheiraba a fume e saín á ventá. Vin á señora que estaba na fiestra cunha manta e que saía fume moi negro e temín o peor. Non o dubidei, abrín a porta, chamei ao meu marido e díxenlle que viñera que estaba ardendo a casa" explica Marga Otero, unha das primeiras persoas que se achegaron para sufocar as lapas. 

Sen pensar nos riscos e na dimensión do incendio, Marga e o seu home só querían evitar unha traxedia e socorrer o matrimonio de persoas maiores que viven na casa.

"Non fixen nada do que non faría outra persoa", e engade Marga, "Actuaron máis veciños, os que estaban aquí no Bar Praza que levaron unha cadeira, auga e todo o que fixo falta. Unha rapaza chamou a unha das fillas e outros, xunto co meu marido, mollaron unha manta para apagalo".

"Se non chegaran a actuar rápido seguro que estariamos falando xa doutro tema".

Todo foi cuestión de minutos, e cando chegaron os servizos de emerxencias o lume, que se iniciara na cambota, xa estaba apagado e os donos da casa fóra de perigo. Grazas á pronta reacción dos presentes puido evitarse un desenlace fatal.

"Os veciños conseguiron apagalo lume cun extintor e varias mantas molladas", indica Manel Magdalena Aguiño, capataz do servizo de emerxencias do Grove. "Se non chegaran a actuar rápido seguro que cando chegásemos ao incendio estariamos falando xa doutro tema". 

A unión e a solidariedade dos veciños, actuar pensando só en axudar os demais. Actos que salvan vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade