Publicador de contidos
Publicador de contidos

A baixada de prezos do combustible fai aumentar o consumo nas gasolineiras

A baixada de prezos do combustible fai aumentar o consumo nas gasolineiras

Nalgunhas estacións de servizo da provincia da Coruña o prezo está por debaixo de 1,60 euros o que significa que son cifras de antes da crise da Ucraína

Os condutores notan as baixadas, pero seguen resentidos polos prezos dos últimos meses

Alberto Mancebo 11/08/2022 13:09 Última actualización 11/08/2022 14:28

Despois de case sete semanas de descensos, o combustible en Galicia chega a prezos de antes da ocupación de Ucraína. É máis barato e sobe o consumo, como nos conta Jesús Novo da estación de servizo de Ponte Ulla. 

Despois duns meses onde o consumo se retraeu, agora cos prezos actuais, os condutores lles van perdendo o medo aos surtidores.

Nalgunhas gasolineiras galegas, sobre todo na provincia da Coruña, xa podemos atopar prezos de de antes da crise da Ucraína con cifras por debaixo de 1,60 euros, unha vez restado, iso si, o desconto do Goberno.

Aínda así, entre os condutores, vemos un pouco de todo: Xente co peto resentido e tamén usuarios que respiran aliviados, como nos contaba esta mesma mañá Emilio, un veciño de Vedra.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade