Publicador de contidos
Publicador de contidos

A banca volve a sorrir, por Venancio Salcines

A banca volve a sorrir, por Venancio Salcines

G24.gal 05/02/2024 10:05

A banca tivo no 2023 un ano espléndido, como tería calquera negocio que vise subir os prezos dos seus produtos mentres os seus custos se manteñen conxelados. Os titulares falan, entre os cinco grandes, de máis de vinte seis mil millón de euros, o que levan a pensar que todos son beneficios de operacións feitas en España, e aquí é bo recordar que tanto Santander como BBVA son dúas grandes entidades supranacionais.

Cando dicimos que a entidade presidida por Ana Botín gañou once mil millóns, é bo saber que en España foron dous mil trescentos, e o BBVA similar, máis de oito mil millóns de beneficios, dos cales 2.700 millóns os achegou España.

Actualmente, a diferenza dos tempos anteriores á crise financeira, non vivimos ningunha burbulla financeira, mentres que as rendibilidades están a coller velocidade de cruceiro. Entón, que pasa agora que non pasaba antes?

Agora prestamos con aforro nacional e antes non era así. O crecemento do sector inmobiliario consumira todo o aforro do país e tiñamos que pedir prestado, cada ano, centos de miles de millóns. É dicir, o sistema financeiro mercaba aforro doutras nacións e despois prestábao ás familias e as empresas. Mercabamos un apartamento en Muros co diñeiro dun chinés.

Como é lóxico o que se merca ten que pagarse, o que lastraba os beneficios. Actualmente todas as entidades teñen máis depósitos que créditos, e ademais téñeno a un custo moi axeitado. So se paga cando son cantidades grandes e a foto do aforro español son millóns de persoas con pouco aforro, é dicir, a banca adquire a prezo de risa a súa materia prima.

Con todo, o vinte e tres pensábase que sería un ano de crecemento da mora, e as entidades, foron de partida, cautas cos prestamos. Hoxe, cos prezos enerxéticos controlados e a inflación camiñando cara a uns niveis aceptables, e fácil prever que eliminados medos, sexa máis xenerosa no vinte e catro que no vinte e tres.

Alguén dirá que o euríbor está a baixar, é e certo, as operacións terán un menor custo pero teremos un volume maior, o que nos pode levar a que este ano repitan o superen os beneficios do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar