Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída de tres árbores suspende a segunda xornada do Másters de Augusta de golf

A caída de tres árbores suspende a segunda xornada do Másters de Augusta de golf

A treboada obriga a adiar o xogo; o español Jon Rahm ten nove buratos pendentes,  a tres golpes do líder Koepka

A caída de varias árbores obriga a adiar a segunda xornada do Masters de Augusta/ EFE A caída de varias árbores obriga a adiar a segunda xornada do Masters de Augusta/ EFE
G24.gal 08/04/2023 10:06

Unha xornada accidentada a deste venres  por culpa dunha tormenta eléctrica que obrigou a adiar os partidos no Másters de Augusta de Golf.

Caeron tres árbores coa chegada dunha treboada con aparello eléctrico, sen producir feridos, cando o español Jonn Rahm estaba na loita por recuperar o liderado da proba, que ocupa o estadounidense Koepka, que lle leva tres golpes de vantaxe.

O parte meteorolóxico coñecido días antes xa apuntaba a que o tempo desempeñaría o seu papel no primeiro gran torneo da tempada e así vai ser.

Así, que o desenlace da proba sexa o luns, como pasou hai 40 anos na segunda chaqueta verde do español Severiano Ballesteros, semella gañar enteiros, mentres todo está por decidir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade