A campaña de rebaixas agarda un 8,3 % máis de contratos en Galicia segundo Adecco
A campaña de rebaixas agarda un 8,3 % máis de contratos en Galicia segundo Adecco
Pontevedra liderará a contratación
O comercio electrónico será o que máis contratos ofreza
Pontevedra é a provincia que lidera a contratación de xaneiro en Galicia, con seis mil deses 10.351 novos empregos que se prevén nesta campaña de rebaixas. Séguea A Coruña, con algo máis de tres mil, e con arredor dos 500 contratos novos, Lugo e Ourense.
A pé de rúa á xente non lle parece un incremento moi grande respecto outros anos e piden emprego máis estable.
Unha campaña de rebaixas atípica debido á entrada en vigor da reforma laboral que trouxo un cambio nos tipos de contratos. O 10 % serán fixos-descontinuos e o 90 % restante serán temporais.
Isabel Dulanto, directora de negocio da delegación de Adecco na Coruña explícanos:
"Son contratacións eventuais que a reforma permite facer, sempre suxeitas á evolución das vendas. O máximo serían uns 90 días".
A raíz da pandemia, o maior crecemento dáse nos empregos relacionados co comercio electrónico e os traballadores chamados "de última milla", continúa Dulanto.
"No sector da loxística, no almacén preparando pedidos, ordenándoo, controlando o stock e na atención ao cliente".
En toda España, Adecco agarda que se asinen máis de 200.000 contratos, un 9,3 por cento máis que en xaneiro pasado.