A celanovesa Remedios únese ao club de centenarios de Ourense
A celanovesa Remedios únese ao club de centenarios de Ourense
A comarca de Celanova ten 273 centenarios por cada 100.000 habitantes, unha das porcentaxes máis altas do mundo
Galicia está entre as rexións europeas con maior esperanza de vida. A media é case de 84 anos
Galicia está entre as rexións europeas con maior esperanza de vida. A media é case de 84 anos, media que se supera en moitas comarcas de Ourense. E é que nesta provincia poden ademais presumir de centenarios, con preto de 400 duplica a taxa española.
Remedios únese emocionada ao selecto club dos centenarios de Ourense. Naceu, cóntanos, en Cartelle o 27 de abril de 1922 ás oito da tarde. A memoria non lle falla. Os compañeiros do centro de día de Celanova felicitábana orgullosos.
Despois de labrar e coidar dende cativa na aldea, con 24 anos emigrou soa ao Uruguai, casou en Venezuela onde traballou nun psiquiátrico ata que retornou a casa. A intensa actividade que tivo, di, mantena con saúde cos seus cen anos. E ten máis segredos.
Unha importante rede de afecto é precisamente unha das variables que, apuntan os xerontólogos, favorecen a lonxevidade. Nós descubrimos a súa debilidade, o seu bisneto.
A comarca de Celanova, con 273 persoas de cen anos ou máis por 100.000 habitantes, ten unha das taxas de centenarios máis altas do mundo.